Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sucesos

Deteñen dous mozos por roubos en centros comerciais de Ourense, Santiago e Parla

14/01/2025 10:11

Os mozos usaban falsas identidades para aloxarse en hoteis e alugar vehículos de alta gama e chegaron a realizar trasferencias bancarias por valor de 17.000 euros, coa documentación e os móbiles subtraídos

Os presuntos autores foron detidos o pasado do 10 de xaneiro, ingresando un deles en prisión tras pasar a disposición xudicial no xulgado de Ourense


Evacúan unha casa en Tomiño por causa dun incendio no garaxe da vivenda

14/01/2025 09:48

Os bombeiros tardaron tres horas en conseguir controlar a situación e apagar o lume

Etiquetas:  INCENDIO

EFE / Nacho Gallego

Un home mata de varias puñaladas a parella da súa excompañeira en Viana de Cega, Valladolid

14/01/2025 08:19

O presunto agresor e a muller, actual parella da vítima, tamén resultaron feridos levemente


Unha explosión de gas nun bloque de vivendas en Navarra deixa nove feridos

14/01/2025 07:25

Unha nena de 13 anos e un mozo de 22 están ingresados na UCI 

250 veciños tiveron que ser desaloxados 

Etiquetas:  EXPLOSIÓN GAS

Vivendas afectadas pola explosión en Noáin. Bombeiros de Navarra

Sete feridos por unha explosión de gas nun edificio de Noáin (Navarra)

13/01/2025 19:54

Cinco persoas foron trasladadas ao hospital e dúas a un centro de saúde

Estableceuse dispositivo de seguridade tras unha primeira explosión sen feridos e logo produciuse unha segunda que esnaquizou parte das vivendas


Traslado do corpo o 6 de xaneiro na praia da Arnela

O ADN confirma que o cadáver localizado en Porto do Son o día de Reis é da muller desaparecida en Portugal

13/01/2025 16:33

A autopsia descarta indicios de criminalidade

Trátase dunha muller venezolana que levaban buscando desde o 29 de decembro


Entrada dos tres afeccionados ultras na Audiencia de Barcelona. EFE

Tres 'boixos nois' aceptan ata 3 anos de cárcere por unha malleira a un seguidor do Raio Vallecano

13/01/2025 16:22

Estes ultras do Barcelona agrediron un membro dos Bukaneros en 2018 sen ningún tipo de discusión previa 

Ningún dos tres entrará en prisión sempre que non volvan delinquir, paguen o que falta da indemnización e fagan un curso de igualdade de trato e non discriminación


Conmoción en Zas, onde naceu o home acoitelado mortalmente en Palencia polo fillo de 15 anos

13/01/2025 14:33

A vítima marchara da aldea de Castro sendo mozo, hai máis de dúas décadas, para traballar como albanel

Etiquetas:  PARRICIDIO

Graves incendios na provincia de Ourense cunha vítima mortal

13/01/2025 14:28

Nos últimos meses tiveron lugar na provincia de Ourense varios incendios con graves consecuencias tanto persoais, cunha vítima mortal e cun ferido, coma materiais 


Fachada de Casa Domingo, en Ribadeo, onde roubaron cartos, botellas e embutidos

Preocupación na Mariña ante unha vaga de roubos en establecementos comerciais

13/01/2025 13:48

Este domingo asaltaron un restaurante en Ribadeo e tentaron sen éxito entrar nun estanco en Lourenzá

A Garda Civil non desbota a posibilidade de que os roubos sexan obra do mesmo grupo

Publicidade
Publicidade