Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sucesos

Morre acoitelado outro home no 'hotel okupa' de Madrid e deteñen o presunto autor

24/01/2025 19:48

No inmoble xa fora asasinado un cidadán colombiano e rexistráronse varias liortas, detencións e a morte dunha muller hai meses por inhalación de monóxido de carbono

Categorías:  España   Sucesos
Etiquetas:  ACOITELAMENTO

Tomás Alonso-Europa Press-Archivo

Detectan que as exmonxas de Belorado (Burgos) poderían cobrar a pensión dunha relixiosa falecida

24/01/2025 16:23

Trátase dun novo episodio da polémica que comezou cando 15 relixiosas decidiran abandonar a Igrexa católica ao non autorizarlles o Vaticano a venda dun mosteiro

Se finalmente a Seguridade Social o corrobora, podería implicar a devolución íntegra do recibido nas contas das exclarisas desde maio de 2022 ata hoxe


Detidos dous veciños do Barco de Valdeorras como presuntos autores de varios roubos

24/01/2025 13:26

Os axentes puideron constatar que os patróns de conduta non coincidían. Tratábase de dous autores sen vinculación entre eles.

Mais ás veces compartían o mesmo 'modus operandi', como escachar cristais con tapas de sumidoiros ou bombonas de butano


Arquivo (Europa Press/Pedro Davila)

O TSXG absolve por falta de probas o fisioterapeuta de Vigo que fora condenado por abusar dunha clienta

24/01/2025 13:19

O alto tribunal galego acepta o recurso do acusado, que fora condenado en primeira instancia pola Audiencia de Pontevedra a unha pena dun ano de prisión


EFE/J.L.Cereijido

Feridas tres menores, dúas delas na UCI, ao seren atropeladas nunha beirarrúa en Oviedo

24/01/2025 11:34

As menores estaban a esperar a que o semáforo se puxese en verde para os peóns para cruzar a rúa

Etiquetas:  ATROPELO   MENORES

Tres detidos por pegar e amordazar un home para roubar na súa casa en Sada

24/01/2025 11:32

Da vivenda levaron un teléfono móbil, unha tarxeta sanitaria, unha tarxeta de débito e diñeiro en efectivo

Un xuíz decretou o ingreso en prisión provisional sen fianza


Morre unha muller de 89 anos no incendio da súa vivenda no Porriño

24/01/2025 07:58

Os bombeiros puideron rescatar con vida o seu home, que foi trasladado ao hospital

Os policías locais e un veciño, os primeiros en chegar, tentaron entrar na casa, pero había demasiado fume


Atopan morta unha muller no interior dun pozo de Cambados

23/01/2025 20:27

O sinistro tivo lugar no lugar de Sameiro, na parroquia de Vilariño

Categorías:  Cambados   Sucesos
Etiquetas:  112

Deteñen un home acusado de roubar case dous mil euros na casa duns veciños en Castrelo de Miño

23/01/2025 17:22

O home quedou libre con cargos despois de declarar nun xulgado de Ribadavia

Etiquetas:  ROUBOS

Afúndese a parte do narcosubmarino da Costa da Morte que aínda aboiaba

23/01/2025 16:23

O somerxible afundiuse completamente cando estaba sendo remolcado en dirección ao porto de Camariñas

As embarcacións que participaban no operativo para recuperalo retiráronse da zona, e haberá que agardar a que pase o temporal previsto para este venres

Publicidade
Publicidade