Sucesos
Sucesos
![](https://www.g24.gal/prog24/2025/20250125/thumbnail_trenceltaenvigoguixar(2).jpg)
O incendio no túnel de Redondela suspende a circulación entre Vigo-Guixar e O Porto
25/01/2025 20:30
Renfe estableceu un transporte alternativo por estrada dende Guixar ata Viana do Castelo, os usuarios poderán continuar a viaxe ao Porto en tren
Segundo informou Adif, o incendio tamén afectou ao tren de MD 12477 Ourense - Vigo Guixar
![](https://www.g24.gal/prog24/2025/20250125/thumbnail_colINCENDIOACORUNHA.duplicate_frame_188.png)
Os bombeiros evitan que se estenda o incendio nunha vivenda da Agra do Orzán
25/01/2025 18:49
As catro persoas que estaban dentro do piso puideron saír polo seu propio pé
O lume comezou nun aparato calefactor e calcinou toda a habitación e mesmo saíu cara ao exterior
![Un dos vehículos implicados no accidente de Xermade, Lugo](https://www.g24.gal/prog24/2025/20250125/thumbnail_accidentexermadesarabia(2).png)
Un morto e catro feridos nun accidente de tráfico en Xermade
25/01/2025 17:15
A vítima é un home de 55 anos de Lugo, que conducía un Fiat Seicento, no que viaxaban outros tres pasaxeiros que quedaron feridos de gravidade.
O outro coche implicado no accidente é un Audi no que só ía o conductor, que tamén quedou ferido
No momento do accidente, contra as tres da tarde, estaba caendo unha forte sarabia
![](https://www.g24.gal/prog24/2025/20250125/thumbnail_EFEDIREFE2501250900.01_frame_77121.png)
Recuperan máis de 100 restos de mamuts espoliados dun xacemento de Granada
25/01/2025 12:33
A Garda Civil detivo tres persoas acusadas de danos, encubrimento e apropiación indebida de material de interese científico-cultural
![](https://www.g24.gal/prog24/2025/20250125/thumbnail_colOPERACIONMALAGAATENTADOTERRORISTABELXICA_frame_393.png)
Detido no aeroporto de Málaga un fuxitivo buscado por atentado terrorista
25/01/2025 12:26
O detido parece estar implicado na morte de dous seareiros nun partido en Belxica en 2023
Supostamente facilitoulle a arma ao terrorista que tiroteou as vítimas
As autoridades belgas reclámano por atentado terrorista, homicidio e lesións graves
![](https://www.g24.gal/prog24/2025/20250125/thumbnail_camionchecocorrubedo.png)
O GPS volve atrapar un camión estranxeiro nunha zona sen saída, esta vez en Corrubedo
25/01/2025 11:23
O tráiler de matrícula checa e conducido por un home ucraíno quedou atrapado na zona rochosa do Corgo
Este sábado pola mañá deu saído coa axuda dun tractor cun guindastre
![](https://www.g24.gal/prog24/2024/20240122/thumbnail_NENOFRANCESSOBREVIVEDOUSANOSSO_frame_1745.png)
As autoridades francesas incautan 165 quilos de droga nun tractor na fronteira con España
24/01/2025 20:37
Foron detidas dúas persoas; os axentes descubriron no remolque paquetes con cocaína envolta en plástico
![](https://www.g24.gal/prog24/2025/20250124/thumbnail_EFEDIREFESATELITE2501240800.03_frame_618171.png)
Morre acoitelado outro home no 'hotel okupa' de Madrid e deteñen o presunto autor
24/01/2025 19:48
No inmoble xa fora asasinado un cidadán colombiano e rexistráronse varias liortas, detencións e a morte dunha muller hai meses por inhalación de monóxido de carbono
![Tomás Alonso-Europa Press-Archivo](https://www.g24.gal/prog24/2025/20250124/thumbnail_Belorado(Burgos).png)
Detectan que as exmonxas de Belorado (Burgos) poderían cobrar a pensión dunha relixiosa falecida
24/01/2025 16:23
Trátase dun novo episodio da polémica que comezou cando 15 relixiosas decidiran abandonar a Igrexa católica ao non autorizarlles o Vaticano a venda dun mosteiro
Se finalmente a Seguridade Social o corrobora, podería implicar a devolución íntegra do recibido nas contas das exclarisas desde maio de 2022 ata hoxe
![](https://www.g24.gal/prog24/2025/20250124/thumbnail_gardacivilhabitacion.jpg)
Detidos dous veciños do Barco de Valdeorras como presuntos autores de varios roubos
24/01/2025 13:26
Os axentes puideron constatar que os patróns de conduta non coincidían. Tratábase de dous autores sen vinculación entre eles.
Mais ás veces compartían o mesmo 'modus operandi', como escachar cristais con tapas de sumidoiros ou bombonas de butano