Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sucesos

O incendio no túnel de Redondela suspende a circulación entre Vigo-Guixar e O Porto

25/01/2025 20:30

Renfe estableceu un transporte alternativo por estrada dende Guixar ata Viana do Castelo, os usuarios poderán continuar a viaxe ao Porto en tren

Segundo informou Adif, o incendio tamén afectou ao tren de MD 12477 Ourense - Vigo Guixar


Os bombeiros evitan que se estenda o incendio nunha vivenda da Agra do Orzán

25/01/2025 18:49

As catro persoas que estaban dentro do piso puideron saír polo seu propio pé

O lume comezou nun aparato calefactor e calcinou toda a habitación e mesmo saíu cara ao exterior


Un dos vehículos implicados no accidente de Xermade, Lugo

Un morto e catro feridos nun accidente de tráfico en Xermade

25/01/2025 17:15

A vítima é un home de 55 anos de Lugo, que conducía un Fiat Seicento, no que viaxaban outros tres pasaxeiros que quedaron feridos de gravidade.

O outro coche implicado no accidente é un Audi no que só ía o conductor, que tamén quedou ferido

No momento do accidente, contra as tres da tarde, estaba caendo unha forte sarabia


Recuperan máis de 100 restos de mamuts espoliados dun xacemento de Granada

25/01/2025 12:33

A Garda Civil detivo tres persoas acusadas de danos, encubrimento e apropiación indebida de material de interese científico-cultural


Detido no aeroporto de Málaga un fuxitivo buscado por atentado terrorista

25/01/2025 12:26

O detido parece estar implicado na morte de dous seareiros nun partido en Belxica en 2023

Supostamente facilitoulle a arma ao terrorista que tiroteou as vítimas 

As autoridades belgas reclámano por atentado terrorista, homicidio e lesións graves


O GPS volve atrapar un camión estranxeiro nunha zona sen saída, esta vez en Corrubedo

25/01/2025 11:23

O tráiler de matrícula checa e conducido por un home ucraíno quedou atrapado na zona rochosa do Corgo

Este sábado pola mañá deu saído coa axuda dun tractor cun guindastre

Etiquetas:  GPS

As autoridades francesas incautan 165 quilos de droga nun tractor na fronteira con España

24/01/2025 20:37

Foron detidas dúas persoas; os axentes descubriron no remolque paquetes con cocaína envolta en plástico

Categorías:  España   Sucesos
Etiquetas:  NARCOTRÁFICO

Morre acoitelado outro home no 'hotel okupa' de Madrid e deteñen o presunto autor

24/01/2025 19:48

No inmoble xa fora asasinado un cidadán colombiano e rexistráronse varias liortas, detencións e a morte dunha muller hai meses por inhalación de monóxido de carbono

Categorías:  España   Sucesos
Etiquetas:  ACOITELAMENTO

Tomás Alonso-Europa Press-Archivo

Detectan que as exmonxas de Belorado (Burgos) poderían cobrar a pensión dunha relixiosa falecida

24/01/2025 16:23

Trátase dun novo episodio da polémica que comezou cando 15 relixiosas decidiran abandonar a Igrexa católica ao non autorizarlles o Vaticano a venda dun mosteiro

Se finalmente a Seguridade Social o corrobora, podería implicar a devolución íntegra do recibido nas contas das exclarisas desde maio de 2022 ata hoxe


Detidos dous veciños do Barco de Valdeorras como presuntos autores de varios roubos

24/01/2025 13:26

Os axentes puideron constatar que os patróns de conduta non coincidían. Tratábase de dous autores sen vinculación entre eles.

Mais ás veces compartían o mesmo 'modus operandi', como escachar cristais con tapas de sumidoiros ou bombonas de butano

Publicidade
Publicidade