Publicador de contidos
Publicador de contidos

Artes plásticas

Yoseba Muruzábal na India

Yoseba Muruzábal reivindica nos seus murais o labor das mulleres na India

03/01/2025 15:37

Yoseba Muruzábal coñeceu de primeira man o labor da fundación Vicente Ferrer nesta parte da India a través dun proxecto financiado pola Xunta

Son murais que reivindican o traballo, o esforzo e o sacrificio das que sacaron adiante as súas familias en tempos moito máis difíciles


A arte de dominar as formas e cores impresas

31/12/2024 19:47

Un lugués deseña coleccións de papel e dá cursos en Europa e América sobre esta artesanía
 


A XVII Feira de Arte Galega reúne na Coruña 1.500 obras orixinais

28/12/2024 20:53

A mostra é un proxecto impulsado polo recentemente falecido Manuel Villarino


Vari Caramés: "Nos 80 buscaba cousas constantemente, pero o tempo vaite temperando"

20/12/2024 15:07

A galería Moret Art na Coruña expón Souvenir, o universo visual desenfocado, impreciso e evocador de Vari Caramés

Trinta fotos que van desde os seus inicios profesionais nos anos oitenta cando revelaba no seu propio laboratorio ata imaxes en cor das súas últimas series fotográfica

Etiquetas:  ZIGZAG

25 anos sen Colmeiro, o pintor que quixo ser labrego

20/12/2024 15:05

Aos doce anos marcha para A Arxentina. Alí descobren o seu talento e fórmase como pintor e forma parte da Escola Española de París.

Consolida o seu propio estilo nas paisaxes con figuras, nos retratos de muller, nas escenas que tratou con notable sensibilidade social
 

Etiquetas:  ZIGZAG

Para moitos dos rapaces era a primeira vez que pintaban cun spray

O mestre do graffiti Diego As imparte un taller de arte urbana nun instituto de Lugo

17/12/2024 20:07

Máis de vinte alumnos asistiron ao obradoiro, organizado pola ANPA do IES Xoán Montes

Os futuros artistas participaron na confección dun mural no carril das Estantigas


'O fardel de guerra', de Conde Corbal, retrato dunha Galicia esmagada

17/12/2024 15:10

'O fardel da guerra' exponse na Casa Museo Casares Quiroga, un dos personaxes retratados nos gravados de Conde Corbal, canda Franco, Líster, Millán Astray ou Castelao 

Son 88 pezas que retratan unha Galicia golpeada pola guerra cunha mirada valleinclanesca    

Etiquetas:  ZIGZAG

Manuel Patinha: "En Galicia facer arte é moi doado, pódese combinar insistencia e creatividade"

16/12/2024 15:51

A retrospectiva descobre ao público algunhas das obras máis descoñecidas do artista portugués Manuel Patinha

Cinco salas acollen unha selección de traballos de pintura, escultura, gravado, fotografía e poesía baixo o nome 'Desassosegos 1970-2024' no Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol
 

Etiquetas:  ZIGZAG

Blas González: "A perda da paisaxe implica tamén a perda da identidade e da memoria"

11/12/2024 15:56

Blas González amosa o imaxinario e a realidade da Limia en 'Cadernos da Limia: Paisaxe, identidade e memoria'

Blas Gonzalez parte da experiencia da súa nai que marcha a Venezuela coa lagoa fixada na retina e na memoria e cando volve atopa unha desfeita

A exposición na sala Apo'strophe de Vigo ven acompañada de recitais poéticos e conferencias que se estenden ata o mes de xaneiro


Antonio Guerra: "Cos movementos de terra da minería afloran capas xeolóxicas e tamén sociais e históricas"

09/12/2024 14:25

As contornas mineiras en proceso de recuperación son os espazos que nutren a obra do zamorano Antonio Guerra

'Dobre tempo' é un proxecto que busca conexións entre os procesos de transformación antropoxénica e os de produción de imaxes

Mostra aberta ata o 7 de febreiro na galería Marisa Miramón de Ourense

Etiquetas:  ZIGZAG
Publicidade
Publicidade